Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Son días moi fotográficos en Galicia, porque a eses actos do premio Ksado dos que falamos o luns, agora súmase un festival de Fotografía de nova creación. En concreto de Fotografía e literatura: o Cámara Escura de aCentral Folque. E despois imos ata o Pazo da Opera da Coruña, cos concertos dos que nos vai falar Luis Miguel Crespo.

A identidade na paisaxe

O curso ‘A configuración da paisaxe fílmica galega: da luz á memoria’ analiza a construción cinematográfica da paisaxe galega

Tres Premios da Cultura Galega

Conversamos con tres das persoas recoñecidas cos premios da Cultura Galega 2022: a actriz Melania Cruz, galardoada na categoría de artes escénicas; a escritora Marica Campo, premiada no ámbito das letras e mais Quique Peón, director da asociación cultural Xacarandaina, recoñecida polo seu labor na modalidade de patrimonio cultural.

Reencontros coa familia en Super 8

O MOCA, o Museo Online de Cine Autobiográfico, animábanos no verán de 2021 a remexer nos faiados das nosas casas na procura de vellas gravacións familiares. Con ese material, presentan agora a colección Reencontros, protagonizada por historias da emigración.

Pablo Gómez Sala é o director do Moca e un dos encargados de dar sentido a esas horas de gravacións e metros de cinta dos anos 50 ou 60 que chegan ás súas mans. Gravacións do día a día, sen maiores pretensións, que contan tamén parte da Historia con maiúsculas.

 


 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Coñecemos con Pablo Gómez Sala, responsable do Museo Online de Cine Autobiográfico, as gravacións caseiras e familiares que moitos temos na casa, e que contan historias de interese particular e global. Desta volta presentan ‘Reencontros’, historias da emigración.

E seguindo coas historias, as que cada martes nos achega a nosa colaboradora de literatura Dolores Vilavedra. Hoxe, ‘Stoner’ de John Williams.

Miguel Vázquez Freire publica O moucho voa. Filosofía en 28 conversas

Escritor e licenciado en Filosofía, Miguel Vázquez estrea unha aproximación a esta disciplina desde a realidade máis próxima

Honky Tonk, 25 anos de vinilo en Vigo

 

Vituco Neira lévanos á tenda de discos Honky Tonk, que abriu as portas na viguesa rúa da Falperra en 1997. Levan vintecinco anos apostando polo vinilo, un formato ao que se manteñen fieis moitos melómanos e ao que se incorpora tamén xente nova. 

 

Pin It on Pinterest