Videos

‘À procura da estrela’ abre Novos Cinemas

Conversamos con Carlos Martínez-Peñalver sobre a súa primeira longametraxe, unha ficción con aires documentais rodada na Serra da Estrela, en Portugal. Xoel vai ás montañas para gravar os sons da natureza, alí atopará un modo de vida en transformación e un contorno natural ameazado por unha turistización mal entendida. À procura da estrela’ é a película de apertura’ do festival Novos Cinemas de Pontevedra. 

30 anos do Coro da Ra

O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro.

Falamos co seu director, Ramón Bermejo.

As aprendizaxes primeiras en ‘Enxertos’

“O desafío maior ao que me enfrontei foi a aparición das grandes palabras”. A escritora e editora Dores Tembrás presenta novo libro. Enxertos esculca as pegadas, lembra as aprendizaxes primeiras.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Os Bar Ban Sónicos, son garaxe do Barbanza

‘Sede de ruína’ é o último disco d´Os Bar Ban Sónicos, un grupo que leva xa un lustro facendo rock garaxe desde o Barbanza. 

Ciencia e relixión, dous enfoques nunha relación nai e filla

Charlamos con Cris Pavón, autora de ‘Eva e Lucy’, unha historia na que ciencia e relixión se entrelazan para contar a relación entre unha filla e a súa nai, condicionada pola deterioración cognitiva desta última.

Pin It on Pinterest