Videos

Chega aos cines ‘Unicorn Wars’

 

Este venres chega aos cines ‘Unicorn Wars’, a segunda longametraxe do coruñés Alberto Vázquez. Un filme de animación para adultos que propón unha fábula antibelicista na que osiños e unicornios se enfrontan nunha guerra tan cruel como as do seres humanos. Conversamos con Alberto Vázquez e mais con Chelo Loureiro, de Abano Producións, unha das produtoras da película, que se pode ver desde este venres en cines de Vigo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vilagarcía. 

 

A presenza galega na Feira do libro de Frankfurt

España é o país convidado na Feira do libro de Frankfurt e as letras galegas tamén están presentes neste grande encontro internacional do sector editorial.  Desprazáronse a Frankfurt doce asociadas da Asociación Galega de Editoras, que participa con espazo propio dentro do stand da Federación de Gremios de Editores de España. Conversamos con Henrique Alvarellos, presidente da AGE, e co escritor Xesús Fraga, un dos autores galegos que participa na feira. 

O Consello da Cultura Galega presenta Galicia, unha literatura por descubrir

A iniciativa que coincide co inicio da Feira do Libro de Frankfurt está orientada un público internacional

Novo disco de Familia Caamagno, ‘O mundo está derrotado’

Manoele Caamagno présentanos o novo disco da banda de Sigüeiro, oito cancións con espírito cómico-político que miran aos anos 90 para escapar do futuro distópico.

O LP, en que se nota a man do produtor Carlos Hernández, comeza cunha versión de ‘Xuntos’, de Juan Pardo, remata coa canción ‘O día que Fraga finou’. 

O grupo presentará en directo o novo traballo o 29 de outubro na sala Capitol de Santiago.

Do xiro discursivo da maternidade

María do Cebreiro Rábade Villar publica o ensaio Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza

Pin It on Pinterest