Videos
Marilar Aleixandre gaña o premio Nacional de Narrativa por ‘As malas mulleres’
A novela trenza as voces das mulleres presas no cárcere da Galera da Coruña no século XIX coas de Concepción Arenal e Juana de Vega, pioneiras na loita pola dignificación das súas condicións de vida. O xurado do premio Nacional, que concede o Ministerio de Cultura, destaca estrutura híbrida da novela e o seu coro de voces femininas de diferentes clases sociais.
A danza busca público
Coñecemos o taller de público de TCR Danza, unha das actividades da programación expandido deste ciclo do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Conversamos con Caterina Varela, coordinadora da programación expandida de TRC Danza e con Pilar Pato, unha das asistentes ao taller, que ten a súa próxima cita este mércores, para prepararse para a peza ‘A muerte’, que Hermanas Gestring levan ao Rosalía este sábado.
Cidades deseñadas para as persoas
Pontevedra acolle o décimo Encontro Nacional de Deseño, titulado ‘Cidades imaxinadas, cidades deseñadas’, no que se imaxinan espazos urbanos máis accesibles e inclusivas. Profesionais do deseño, a arquitectura ou a moda participan no evento, que tamén propón actividades abertas á cidadadanía. Conversamos con dous deseñadores galegos que presiden as entidades convocantes, Uqui Permui, de READ,e Xosé García, de DAG.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Esta mañá visitamos o Museo do Pobo Galego, onde onte se inaugurou unha exposición fotográfica sobre o patrimonio marítimo industrial. Está inspirada na lenda da Translatio do Apóstolo. Logo conectaremos con Afonso Becerra, que nos vai presentar unha compañía teatral de recente creación, Mevadeus.
“Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos
Comeza unha nova edición do festival de cinema fantástico de Vilagarcía. “Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos con “Regreso ao futuro” e as viaxes no tempo como fío condutor.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- 565
- Seguinte ›