Videos

‘Imaxinaria’: a ilustración é unha fantasía

A sede compostelá de Afundación acolle ata o 18 de febreiro ‘Imaxinaria’, a cuarta edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.19 ilustradoras e ilustradores, seis deles galegos, presentan obras que demostran a potencia da ilustración como expresión artística persoal. Conversamos con Matilde Rodríguez, a comisaria da mostra, e con Berto Fojo, un dos participantes.

‘Aprender a falar coas plantas’, unha novela sobre o dó

Publícase en galego a primeira novela da escritora catalá Marta Orriols. ‘Aprender a falar coas plantas’ conta un ano na vida de Paula Cid, unha neonatóloga de 42 anos que perde a súa parella nun accidente, horas despois de que el lle comunicase que marcha da casa porque namorou doutra persoa. Aira Editorial publica a novela, que foi premio Ómnium como mellor libro do ano en 2018 e está traducida a 17 linguas

A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago a análise en Vigo

Máis de 60 especialistas de universidades de 18 países participan nas sesións da VII Conferencia Internacional José Saramago

‘Pánico no museo’, o diario pictórico de María Meijide na Fundación Granell

Os espazos cotiáns, as amizades, a familia e o propio museo protagonizan a mostra de Meijide, resultado da sexta edición da iniciativa ‘Artista en residencia’. ‘Pánico no museo’ pode visitarse na Fundación Granell ata o 29 de xaneiro.

Esther Carrodeguas estrea ‘O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada’

A escritora e directora galega estrea en Madrid unha peza de auto(non)ficción sobre a relación co corpo, a gordofobia e a ditadura da imaxe.

Xavier Villaverde estrea na Seminci un documental sobre María Casares

‘A muller que viviu mil vidas’ é un longametraxe documental que se achega á vida da intérprete coruñesa que tivo que marchar ao exilio en 1936 e acabou por converterse na gran actriz do teatro francés. Xavier Villaverde realiza unha colaxe audiovisual baseada no libro de memorias de Casares, Residente privilexiada ao que incorpora material de arquivo, obras de artistas plásticos e experimentos visuais. Interveñen no filme María Lopo, Manuel Rivas, Emilio Grandío ou Mabel Rivera.

Pin It on Pinterest