Videos

[17:52:00] Dúas exposicións para pechar o ano

Mónica Maneiro recoméndanos dúas mostras para os últimos días de 2022. A exposición dedicada ao artista Guillermo Monroy en SVT Espazo de Arte, en Vigo, e mais ‘Sequitur’, a proposta de Julia Huete que pode visitarse na Zona C de Santiago ata o 11 de febreiro. 

 

[17:32:00] O programa ‘Convivir deportivo’ da Radio Galega saca á luz unha carta inédita de Blanco Amor

O espazo que conduce e dirixe Alfonso Pardo saca á luz unha carta que Eduardo Blanco Amor lle dirixiu en 1961 a Benito Villamarín, industrial e presidente do Betis, natural do concello ourensán de Toén. Na misiva o escritor agradécelle a Villamarín a súa axuda para volver á Península. A carta gárdaa a familia de Villamarín e o ‘Convivir deportivo’ descubriuna este mes de decembro nun programa emitido desde Toén. 

 

[10:48:00] As consecuencias inesperadas de ser vexetariana

A vexetariana é unha das obras máis coñecidas da escritora surcoreana Han Kang e recibiu galardóns como o Man Internacional ou o premio San Clemente do instituto compostelán Rosalía de Castro. Rinoceronte Editora publícaa agora en galego, en tradución de Alba Verea Pérez. Dolores Vilavedra fálanos desta curiosa obra, primeira tradución do coreano ao galego.

[20:45:00] “Divertiume compartir a propia escritura cos personaxes”

A escritora Berta Dávila estréase na narrativa infantil con Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.

[17:49:00] Balance arqueolóxico de 2022

Mario César Vila fai balance deste ano no ámbito arqueolóxico: intervencións, conservación e transmisión á sociedade.

[17:31:00] ‘O lume’, de David Rubín

David Rubín preséntanos ‘O lume’, a primeira obra que realiza enteiramente desde ‘El héroe’ (2011) e que publica en galego Demo Editorial, coa colaboración de varias librerías especializadas en banda deseñada. 

O lume é unha distopía apocalíptica na que a Terra está ameazada polo impacto dun asteroide. O arquitecto estrela Alexander Yorba constrúe na Lúa unha colonia para que os ricos do planeta poidan salvarse cando unha noticia inesperada o obriga a enfrontarse á verdade sobre si mesmo.

Pin It on Pinterest