Videos

[17:48:00] Fillas de Cassandra, Bad Gyal e Margo Price

 

Tito Lesende adiántanos algunhas das citas festivaleiras de 2023, como o Osa do Mar de Burela, polo que pasarán Fillas de Cassandra, ou Portamérica, onde actuará Bad Gyal. Despedimos o ano escoitando unha canción do novo disco da música estadounidense Margo Price. 

 

[17:31:00] 45 contos dos irmáns Grimm

 

Sushi Books publica 45 contos dos irmáns Grimm para os nenos e para a familia, unha escolma dos contos populares compilados no século XIX por Jacob e Wilhelm Grimm. Ademais de relatos tan coñecidos como ‘O gato con botas’, ‘Os músicos de Bremen’, ‘Hänsel e Gretel’ ou ‘Branca de Neve’ aparecen neste volume outros contos nunca antes traducidos ao galego. 
A responsable da selección dos 45 contos e da tradución directa desde o alemán foi Jennifer Gómez Vilar.

 

[20:45:00] Preséntase o volume ‘Tesouro Espeleolóxico Galego’

Recolle unha memoria de covas e túneles que atesouran coñecemento e imaxinación.

[17:50:00] Badaladas audiovisuais de 2022

 

Repasamos con Andrea Villa os doce acontecementos do noso ano no noso cine e televisión. Da estrea de películas como ‘Eles transportan a morte’, ‘O corpo aberto’ ou ‘Unicorn Wars’ á fazaña das Tanxugueiras ou o Premio da Cultura Galega para Xosé Ramón Gayoso. 

 

[17:31:00] A foliada, camiño de ser Ben de Interese Cultural

Xa está en marcha o proceso para a declaración da foliada como Ben de Interese Cultural, unha figura de protección especial para o noso patrimonio material e inmaterial. Debullamos o informe técnico solicitado pola Dirección Xeral de Patrimonio con tres das investigadoras que o realizaron os antropólogos Beatriz Busto e Félix Castro e a etnomusicóloga Xulia Feixóo. 

 

Pin It on Pinterest