Videos

Xornadas culturais “Falando Arxina”

A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais “Falando Arxina”. Conversamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.

Festival de Teatro Galego no Carballiño

“Pensamos que o nadal pode ser unha boa época” O FETEGA cambia de datas. Comeza no Carballiño o Festival de Teatro Galego que celebra 34 edición. Falamos co director, Carlos Ledo

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45 horas

Literatura palestina en galego

Coñecemos a realidade de Palestina a través da súa literatura traducida ao galego. Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de Randa Jarrar (Hugin e Munin) e Esfumado: a misteriosa desaparición de Mostafa Ouda, de Ahmed Masoud (Urutau), que nos regala en directo a versión en galego dun poema de Mosab Abu Toha. 

 

40 anos do Carrabouxo

O Carrabouzo celebra os seus 40 anos. Unha exposición no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela repasa a historia destas viñetas creadas por Xosé Lois González Vázquez.

Oitava edición do festival Novos Cinemas

“Os festivais promoven a interacción e esa formación comunitaria, comunal que tanto precisamos”. Comeza en Pontevedra a oitava edición do festival Novos Cinemas. Falamos co director, Suso Novás.

Pin It on Pinterest