Videos

Podcast Diario Cultural das 19:45

“Temos que poder amosar as ferramentas que ten o teatro á comunidade e con elas traballar temas dos que é necesario falar”. Nauta Teatro presenta esta fin de semana o resultado escénico do proxecto de investigación sobre as identidades de xénero que desenvolve ao abeiro do festival Galicreques.

Xackal, unha viaxe sonora irresistible

Xackal preséntannos o seu primeiro disco longo, ‘Vén forte ben forte’, unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega e outros moitos ritmos. O trío, formado por Nano Suárez de Lis, Gael Mvundi e Javi Otero, actúa o sábado 20 de xaneiro na sala Rebullón de Mos e regálanos nesta entrevista unha versión en vivo da súa canción ‘Cabo Victoria’.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Xackal presenta o seu primeiro disco longo, ‘Vén forte ben forte’, unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro lévanos ata a exposición ‘Lugar sen medida’, de Correa Corredoira.

‘Antropotectura’, de Jose Perozo

O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición ‘Antropotectura’ parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire.

Podcast Diario cultural das 10:30

O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición ‘Antropotectura’ parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘O paso en falso’, de Abraham Pérez, publicado na editorial Galaxia.

Podcast Diario Cultural das 19:45

“A poesía tamén pode contar”. A poeta Silvia Penas presenta ‘Retratos de vodas, partos e funerais’, un libro coral que reflexiona sobre a fenda.

Tangatutanga: 23 anos de amor ao teatro

Coñecemos este grupo santiagués de teatro amador fundado no ano 2000. Nestes 23 anos montaron obras de todo tipo, pero sempre co selo do humor e a crítica: desde pezas de Shakespeare, Oscar Wilde ou Núñez Singala aos seus cabarés de creación colectiva ‘Aberto por folga’ e ‘Que Deus nos colla confesados’.

O único requisito para formar parte de Tangatutanga son as ganas de facer teatro. Conversamos con algunhas das integrantes do grupo en plena xira de presentación da súa última montaxe, unha particularísima versión ‘O lago dos cisnes’.

Podcast Diario Cultural das 17:30

O grupo santiagués de teatro amador Tangatutanga leva 23 anos creando obras de todo tipo, pero sempre co selo do humor e a crítica: desde pezas de Shakespeare, Oscar Wilde ou Núñez Singala aos seus cabarés de creación colectiva ‘Aberto por folga’ e ‘Que Deus nos colla confesados’.

Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.

Os novos formatos de lectura, protagonista das Xornadas Gálix

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as ‘Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia’, onde participan os persoeiros máis relevantes do sector literario. No Diario Cultural entrevistamos a Manuel Bragado, mestre e editor en lingua galega. Analizamos a convivencia entre o soporte impreso e o electrónico.

Podcast Diario Cultural das 10:30

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as ‘Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia’. Nesta edición de 2024, o protagonismo é para os novos formatos de lectura. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero presenta as últimas novidades de música de raíz.

Pin It on Pinterest