Tamara Andrés

Tradutora literaria, escritora, docente e doutoranda na Universidade de Vigo. Desenvolve proxectos de poesía en acción, imparte obradoiros de poesía e coordina eventos literarios. Publicou os poemarios Nenæspiraes, Premio de Poesía O Facho (Medulia, 2016),  Corpo de Antiochia (Galaxia, 2017), Irmá paxaro (2019, Cuarto de Inverno), Bosque vermello (2019, Edicións Positivas) e, xunto a Marcos Viso, Distancias (Galaxia, 2020). Textos da súa autoría aparecen en antoloxías (No seu despregar, Anthology of Young Galician Poets) e diversas publicacións periódicas (Dorna, Tempos Novos, Madrygal). Foi unha das creadoras da revista de literatura, xornalismo e investigación Ligeia.

0 Shares

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share