- Inicio
- Voces expertas
- Afonso Becerra
- Luz Castro
- Mario César Vila
- Luís Miguel Crespo
- Emilio Españadero
- Estíbaliz Espinosa
- Tito Lesende
- Mónica Maneiro
- Eva Mejuto
- Begoña Vázquez
- Dolores Vilavedra
- Andrea Villa
- Alba Cid
- Alfonso Espiño
- Beli Martínez
- Sabela Mendoza
- Roberto Pascual
- Montse Pena Presas
- Carlos Portela
- Miguelanxo Prado
- Armando Requeixo
- Rosario Sarmiento
- Matías Tarrio
- Manuel Vicente
- A RG en vídeo
- PodCast
- Destacados
- Zeta
- Letras Galegas
Sara Donoso
Sara Donoso é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta con estudos de grao en Belas Artes na Facultade de Pontevedra e dous mestrados: Mestrado en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas e Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura, ambos da USC. Como profesional independente leva a cabo proxectos de didáctica, comisariado e xeración de contidos para institucións como a Fundación Rac Arte Contemporánea e a Facultade de Belas Artes en Pontevedra, o CGAC. Centro Galego de Arte Contemporánea, ArteDardo e DIDAC en Santiago de Compostela ou o Intersección. Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo da Coruña.
Como crítica, destacan as publicacións Miradas cruzadas. Pintura e paisaxe no audiovisual galego contemporáneo (2019); Antes, durante, despois. Entrevistas con ex-estudantes da Facultade de Belas Artes (2018) e Paisaxe e pintura no audiovisual galego contemporáneo: Carla Andrade e Xisela Franco (2016). Colabora con medios de cultura e cinema e ten publicado textos críticos e entrevistas sobre diferentes creadores.