‘A muller que viviu mil vidas’ é un longametraxe documental que se achega á vida da intérprete coruñesa que tivo que marchar ao exilio en 1936 e acabou por converterse na gran actriz do teatro francés. Xavier Villaverde realiza unha colaxe audiovisual baseada no libro de memorias de Casares, Residente privilexiada ao que incorpora material de arquivo, obras de artistas plásticos e experimentos visuais. Interveñen no filme María Lopo, Manuel Rivas, Emilio Grandío ou Mabel Rivera.
Xavier Villaverde estrea na Seminci un documental sobre María Casares
Podcast: Play in new window | Download (15.0MB)
Subscribe: RSS