Unha noite de verán de 2017, a ponte internacional entre Tui e Valença pechou ao tráfico para abrir á musica. A organización do festival IKFEM levaba ata ese espazo en suspensión sobre o rio Miño a un grupo de pianistas, ofrecendo un concerto en simultaneo. É unha das imaxes que mellor representan a razón de ser do IKFEM, o festival internacional de intrumentos de teclado: ser ponte musical entre países.
Agora, en 2022, 5 anos despois, repiten experiencia. Hoxe a ponte internacional está pechada e encherase de música, literalmente: 10 pianos ocuparán todo o longo da ponte. Tocando, estarán 20 pianistas: galegos, portugueses, españoles e unha ucraína, Marta Bachek.
Falamos coa súa directora, a pianista Andrea González, deste festival que encherá de música a eurocidade do 19 ao 26 de agosto con concertos gratuitos.