A foliada na súa esencia, a foliada como festa, como encontro, como espazo para compartir música e sabedoría volve á Cidade da Cultura. Será coa 3ª edición do Serán, o Encontro Galego de Cultura Popular. O último celebrouse no verán de 2019, así que podemos imaxinar as ganas que había de volver bailar e cantar.
A pandeireta é a protagonista nesta edición, nos concertos e nas conferencias, como instrumento con moita historia e que está a vivir un dos seus mellores momentos.
Falamos co director artístico do Serán, Quique Peón.