Rodolfo e Priscila é, así de entrada, un nome curioso para unha editora independente. Detrás están os escritores Berta Dávila e Carlos Meixide, que veñen con dous libros, ou dúas pequenas xoias, chamadas ‘A poesía como arte insurxente’ e ‘Pequeno álbum de Nova York en inverno’. Deses libros que precisan amor. Presentáronse oficialmente nesta pasada feira Culturgal, e xa están en librerías para ser acollidos polas lectoras.
Rodolfo, un pequeno león de peluche, e Priscila, unha bailarina que habita unha caixa de música, son as memorias que levaron a Carlos e Berta a facerse editores. Iso e unha viaxe a Nova York.