O MOCA, o Museo Online de Cine Autobiográfico, animábanos no verán de 2021 a remexer nos faiados das nosas casas na procura de vellas gravacións familiares. Con ese material, presentan agora a colección Reencontros, protagonizada por historias da emigración.
Pablo Gómez Sala é o director do Moca e un dos encargados de dar sentido a esas horas de gravacións e metros de cinta dos anos 50 ou 60 que chegan ás súas mans. Gravacións do día a día, sen maiores pretensións, que contan tamén parte da Historia con maiúsculas.