Querido Diario: vivimos moitas aventuras este verán en Ribadeo. Podería ser unha páxina calquera do diario de Lois, protagonista de ‘A gruta da torre’, que vai pasar as vacacións a Ribadeo para reunirse coa súa cuadrilla. Caras vellas, caras novas e unha tarefa pendente do curso, escribir un diario. Entre escribir e ler, o mundo real e o fantástico mestúranse no día a día de Lois, que vai vivir a aventura da súa vida.
Pasadizos secretos, a foca Cuquita e faros que se apagan na noite, unha novela que asina Lois Pérez e que resultou gañadora do V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.