Programa especial dedicado ao Ourense Film Festival desde o centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Con Enrique Otero e Javier Gutiérrez, director e protagonista da película ‘Honeymoon’, que forma parte da sección oficial do festival e de Panorama Galicia; a cineasta mexicana Lila Avilés, directora de ‘Tótem’, outro dos filmes da sección oficial do OUFF e o director do festival, Miguel Anxo Fernández.
Tamén conversamos con Marisa Paredes e Chema Prado, a conta da exposición fotográfica ‘Series’, coa coordinadora da sección OUFF en curto, Laura Guizán e o cineasta Santos Díaz, un dos participantes.