Nestes días está a ter lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma. Un proxecto, que baixo o fío da performatividade, quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas; a música, a arquitectura e o deseño.
Dirixido pola cooperativa galega Performa, o Plataforma defínese como un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmateria de Compostela.