The Manueles é un grupo de surf rock, formado polo guitarrista Virxilio da Silva, o baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos, que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo, na costa Californiana do últimos cincuenta anos: Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, que creou o grupo xerme do estilo, The Black Rinchas, sen chegar a gravar nunca un disco.
A pesar do seu nulo legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale e mesmo ao pioneiro da guitarra eléctrica, Link Wray.
O repertorio de The Manueles baséase nese legado de segunda man, para investigar a dimensión sonora que Freitas creou, indirectamente, con The Black Rinchas. Conforme esa tradición, tamén revisan algún standard de jazz, rebozado no que poderiamos chamar un Black Rincha flavouring.
Agora, The Manueles fan o seu debut cun álbum homónimo no que recollen temas como ‘Surf Sumerio’ ou ‘Pearl Ghalpon’.