‘O home e o can’ chega a 22 salas de cine galegas

As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Espinosa son dúas das protagonistas da película ‘O home e o can’, dirixida por Ángel de la Cruz, que hoxe chega aos cines. Unha película sobre os coidados e a soidade dos maiores encarnada na figura de Manuel, un ancián ao que só lle queda o seu can, interpretado por Manuel Manquiña.

‘O home e o can’, rodada en branco e negro e con referencias a filmes do neorrealismo italiano, aos contos de Nadal de Frank Capra ou a ‘Matar un reiseñor’, proxéctase hoxe en salas das sete principais cidades galegas e tamén en Narón, Carballo, Vilagarcía, A Estrada, Caldas, Leiro, Verín, Xinzo e Viveiro.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share