O Festival de música clásica Bal y Gay pecha a súa sétima edición coa actuación do Ensemble Bal y Gay

 Festival Bal y Gay puxo fin na pasada noite ós seus 12 días de intensa programación. Uns días nos que contou con artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel e no que, ademais da esperada oferta puramente musical, o festival tamén achegou actividades cunha motivación máis didáctica e formativa a aqueles que se achegaron á Mariña lucense, como clases maxistrais ou concertos familiares.

A organización, encabezada pola directora do Festival, Alba Rodríguez, amosou unha grande satisfacción cos resultados acadados nunha edición que -malia ser, polas circunstancias sanitarias, máis complexa do normal- logrou acadar un éxito e un nivel de récord.

O peche de ouro púxoo o Ensemble Bal y Gay, unha agrupación creada para este evento e integrada por novos músicos das máis prestixiosas orquestras e formacións que neste 2020 de homenaxe a Bethoven homenaxearon ó mítico músico e compositor.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share