O CanJazz, o Festival de Jazz de Cangas, ten xa dende o pasado sábado esgotadas as entradas para todos os concertos que se estendían dende o domingo até mañá, mércores 26.
Toman este dato con orgullo dende a organización, dende a que Xan Campos, membro da Asociación de Jazz de Cangas, nos explicaba como as condiciónsn sanitarias os obrigaron a deixar a localización dos últimos 20 anos, o Eirado do Costal, polo recinto das Naves de Ojera, no que puideron dar lugar a 400 cadeiras.
A organización, aínda coa situación que rodea a todos os eventos nesta época, pode facer alarde de internacionalidade, con artistas como Sara Serpa, Rosolino Marinello ou Román Filiú. Deste xeito, aqueles que estiveran áxiles poderán disfrutar nos días de hoxe e mañá dos cuartetos de Rosolino Marinello e de Brais Lorenzo hoxe, e mañá de Román Filiú e da artista Frasquita Vintage, que pechará este Festival de Cangas de Jazz.