O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada celebra unha Edición de Verán.

O Compostela Ilustrada estrea este ano “Edición Verán”, nunha versión un pouco máis reducida que en anos anteriores, dadas as circunstancias sanitarias, pero non por iso de menor interese.

Boa proba diso é o nivel e a traxectoria dos seis artistas que este ano participarán no Encontro, que de novo será dirixido por Maru Godas. Precisamente ela será a que imparta un dos obradoiros que se levan a cabo nesta Edición estival.

Alí estarán a ilustradora valenciana María Herreros, que realizará o tradicional mural en directo, charlará do seu traballo e dará un obradoiro de retrato; Catalina Rodríguez, que vén desde Asturias para ofrecer un obradoiro de como ilustrar ioga e para falar do seu último proxecto sobre os camiños; Luis Ruiz Padrón que aterrará desde Málaga para ensinarlles ós participantes a debuxar grandes arquitecturas, presentar os seus libros e contar o seu traballo no xornalismo ilustrado; a ourensá MeliMolita, gañadora do Premio Compostela Ilustrada do pasado ano, que ensinará a debuxar no Mercado de Abastos, e o colectivo de Bosquejeros, que presentará a súa experiencia durante o COVID realizando retratos da Residencia Volta do Castro de Santiago.

Pin It on Pinterest

1 Shares
Share1
Tweet
Share