‘Memorias en conserva’ é un traballo documental sobre a industria da conserva na Illa de Arousa. Aínda que máis ben é un documental sobre as mulleres da conserva e a súa memoria. Os recordos de mulleres, que sendo nenas, comezaron a traballar nas fábricas da illa para ter un xornal que levar á casa.
‘Memorias en conserva’ é o traballo de recuperación de numerosos testemuños, como os que fomos escoitando; dun tempo que parece moi, moi pasado, pero que non o é tanto. Falamos co seu director, Marcos Martínez.