‘Foi un home. Laxeiro en América 1950-1970’ é unha das mostras conmemorativas do ano Laxeiro, que recolle a produción artística do pintor de Lalín neses 20 anos que pasou en Bos Aires. A súa pintura, sempre vangardista e renovadora, viuse neses anos influenciada polas correntes máis internacionais de América.
Falamos con Carlos López Bernárdez, comisario da mostra que se poderá ver ata o 5 de xuño no Museo Ramón María Aller de Lalín, para logo itinerar por Madrid, a Cidade da Cultura e París.