Como se escribe teatro para escoitar? O Consello Territorial da SGAE en Galicia presenta unha iniciativa para revitalizar a ficción radiofónica, desta volta a través dos podcast. O dramaturgo Santiago Cortegoso foi o impulsor desta campaña, na que polo momento xa se coñecen dúas obras: ‘Malcriada’, de Esther Carrodeguas, e ‘Historia dunha descoñecida’, de Raúl Dans.