Estrea no festival de Xixón de ‘9 Fugas’, de Fon Cortizo

No marco da 58º edición do festival de cine de Xixón, Fon Cortizo estrea o seu último filme, ‘9 Fugas’. 

A historia comeza coa chegada dun barco a unha cidade case baleira e cargada de misterio. Cora sobrevive no porto e traballa descargando barcos na lonxa. Unha noite é testemuña dun grave incidente que nunca debeu ver. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. Talvez, a través deses sons poidan reconstruír a causa da desaparición dos habitantes da zona máis occidental de Europa.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share