A nova tempada da Real Filarmonía de Galicia é moi especial. Por un lado, é o 25º aniversario da orquestra, con sede no Auditorio de Galicia en Compostela. Para conmemoralo, a tempada estará inspirada na natureza baixo o nome “Emocións naturais”.
Por outro, o inicio de tempada supón tamén a estrea mundial de ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo, merecedora do X Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA 2019.
A obra, inspirada na Porta do Alén, é unha viaxe entre a vida e a morte e será interpretada por case 30 orquestras de toda España durante as seguintes dúas tempadas.