Emma Ríos e David Rubín son dous dos autores galegos máis relevantes da banda deseñada e testemuñas destes 25 anos Viñetas desde o Atlántico. Os dous asistiron ao festival desde o comezo, primeiro parte da escena galega de fanzines, hoxe xa como autores consolidados. Falamos cos dous da historia de Viñetas e das obras que publicarán proximamente.