As Microrresidencias Verbum son o proxecto co que o Festival Sinsal remata este estraño 2020, que muda a proposta habitual escénica de concertos e actuacións con público cara unha iniciativa a porta pechada.
Trátase dunha experiencia de investigación e experimentación arredor do son, a luz, as proxeccións e un espazo integrador e coprotagonista, o Verbum de Vigo.
Algúns dos artistas que dialogarán co espazo neste Sinsal de outono son os irmáns Yugen Kala e Monte Piñeiro do Colectivo Nononon.Lab.