DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes, na Coruña, e que reúne en cada edición a unha selección de artistas do mellor do panorama galego, estatal e internacional.
O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana, pensamento crítico e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo, e onde se xeran novas relacións de comunicación non publicitaria. Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.
A edición deste ano conta con artistas como Mou, a catalá Cinta Vidal ou o colectivo artístico Reskate Arts&Crafts.
DesOrdes Creativas enche de arte as rúas de Ordes ata o 20 de agosto
Podcast: Play in new window | Download (9.1MB)
Subscribe: RSS