Os visitantes que estes días se acheguen ao Pórtico da Gloria atoparán un obxecto estraño nese lugar, cheo de cor fronte á pedra do monumento, pero que representa unha figura ben recoñecible como é o Apóstolo Santiago. Trátase da obra do artista cubano David Planas, que leva anos traballando arredor da idea do Apóstolo, do camiño e dos seus peregrinos. Chámase ‘Os 365 rostros do Apóstolo Santiago”, e aínda que sabemos que se trata de Santiago o Maior, e rapidante o relacionamos con ese outro que coroa o Pórtico do Mestre Mateo, ao mesmo tempo interpélanos de maneira moi diferente ao de granito.