As Tanxugueiras suliñan sempre que son herdeiras das mulleres que fixeron música no pasado coas súas voces e pandeiretas.
Falamos con tres entidades que levan décadas traballando por transmitir ese legado cultural. Conversamos con Alexandre Sinde,
da asociación cultural A Mámoa, de Luou, onde se coñeceron as Tanxugueiras, Gisela Sanmartín, das Xirifeiras de Fene e Noemí Figuerola, da Irmandade Galega da Suíza de Xenebra.