No día do enterro do Raposo, chovía de abaixo a arriba. E 20 anos despois, cando as tres fillas, Marica, Comba e Generosa, se reúnen no cemiterio, segue a chover de abaixo a arriba. Pero se cadra dunha maneira distinta.
Coa chuvia de fondo, esta novela preséntanos varias viaxes: unha no tempo, cara o pasado e cara o futuro; outra no espazo, de Ourense a Venezuela e viceversa; e outra máis emocional, a que pasan as tres fillas mentres van descubrindo as múltiple vidas que tivo Ervigio Raposo.
No día do seu enterro é a novela debut de Cristina Pato na editorial Galaxia. E ten algo do seu Ourense, do seu pai e das súas propias viaxes.