O Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura acolle unha exposición que recupera as historias de mulleres que foron ingresadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, creado en 1885 en Santiago. A mostra inclúe expedientes de ingreso, historias clínicas e diagnósticos de mulleres que ás veces eran consideradas enfermas só por transgrediren os roles de xénero da época. Vidas silenciadas pola sociedade, recluídas na institución e cun contacto exterior estritamente controlado. ‘Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo’ permanecerá aberta ata setembro.
As voces esquecidas do psiquiátrico de Conxo
Podcast: Play in new window | Download (12.5MB)
Subscribe: RSS