O Festival de Teatro Galego (FETEGA) presenta o programa da súa 31ª edición que se desenvolverá no Carballió do 23 ao 26 de setembro
Oito espectáculos e un abano de actividades, entre as que se atopa a animación de rúa e dúas mesas redondas sobre igualdade, configuran o cartel deste 2020.
Amais, esta edición tamén estará marcada por dúas novidades: A Escola do Espectador do Teatro Galego e a lectura dramatizada internacional de “A farsa das zocas”, obra de Carvalho Calero.
O festival abrirase con “Clausura do amor”, unha co-produción da compañía Cámara Negra co Centro Dramático Galego; e pecharase coa entrega do Premio de Honra a Afonso Becerra de Becerreá no Auditorio Municipal.
Alfonso Becerra de Becerreá recibe o Premio FETEGA 2020
Podcast: Play in new window | Download (14.1MB)
Subscribe: RSS