‘A lista da compra’, o poemario de María Besteiros publicado por Galaxia na colección Dombate, é un libro que fala da maternidade, da vida rural, da identidade e do corpo. Un corpo que fala por min. Un corpo que aniña fantasmas, cosido, cuberto por veludo, esmagado contra o chan, envorcado sobre el mesmo. Un corpo que falta, que está ocupado e compartido. O corpo son as pedras caídas que arrinca o tractor.
María fai presente o corpo neste libro como un elemento cotiá, desde ese título, que nos fala da casa, da natureza, dos fillos… pero tamén do cotiá que é a violencia ou a deshumanización que sofre a muller, que non ten tempo para ler nin escribir máis que a lista da compra.