Coñecemos unha nova voz da literatura galega, Fabio Rivas, un libreiro pontevedrés de 26 anos. O seu primeiro libro é unha colección de oito contos protagonizados pola violencia, e que en moitos casos narran voces infantís da Galicia da posguerra. A pintura debida inclúe homenaxes a Castelao, Manuel Rivas ou Carlos Casares e está publicado por Edicións Xerais.
‘A pintura debida’, o debut narrativo de Fabio Rivas
Podcast: Play in new window | Download (13.1MB)
Subscribe: RSS