A facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle unha xornada de análise dedicada á nova Lei Audiovisual aprobada no mes de xuño polas cortes do Estado, impulsada polo grupo de estudos audiovisuais da USC e pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Escoitamos as valoracións de Uxía Caride, da asociación de produtoras independentes AGAPI e do catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco Ramón Zallo.