Irmás Cartoné trae ao galego a única novela publicada pola poetisa estadounidense Sylvia Plath. A campá de vidro publicouse en 1963, semanas antes da morte de Plath, baixo un pseudónimo. Baseada en experiencias autobiográficas, a protagonista da novela é Esther Greenwood, unha brillante moza de 19 anos que viaxa a Nova York e que cae nunha espiral depresiva. A novela fala de saúde mental e tamén das oprimentes expectativas que a sociedade estadounidense da época impoñía ás mulleres.