Andrea Villa debulla a programación do Play-Doc de Tui, que comeza a súa décimonovena edición este mércores. Ademais da apertura con A Foreign Song de César Souto, o festival ofrece unha retrospectiva de Chantal Akerman, un concerto de J, do grupo granadino Los Planetas, e estreas de cineastas galegos como Manuel Valcárcel, Eloy Domínguez Serén ou Ángel Montero e María Serna.