Tito Lesende escolma hoxe tres novos discos da vizosa colleita do mes de xaneiro. Os muradáns The Rapants editan ‘Corasón coma un after’, que presentarán en marzo na sala Malatesta de Santiago, e a viguesa Dani publica o seu segundo disco, ‘Posdata’. Poñemos o ramo á sesión deste xoves con ‘Gloria’, o novo traballo do británico Sam Smith.