Reúnense por primeira vez os artigos de Emilia Pardo Bazán sobre A Coruña

Emilia Pardo Bazán. Xornalismo e Marineda recupera unha trintena de artigos publicados de Pardo Bazán sobre a súa cidade natal, seleccionados pola divulgadora Patricia Angulo Miró e a conservadora Xulia Santiso. Os textos tratan temas moi diversos, das conexións ferroviarias á saúde pública, da música ao Carnaval, do casamento de Elisa e Marcela ás primeiras colonias escolares mixtas, das que foi a principal impulsora.  A obra está publicada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Asociación da Prensa da Coruña e a Xunta de Galicia. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share