David Rubín preséntanos ‘O lume’, a primeira obra que realiza enteiramente desde ‘El héroe’ (2011) e que publica en galego Demo Editorial, coa colaboración de varias librerías especializadas en banda deseñada.
O lume é unha distopía apocalíptica na que a Terra está ameazada polo impacto dun asteroide. O arquitecto estrela Alexander Yorba constrúe na Lúa unha colonia para que os ricos do planeta poidan salvarse cando unha noticia inesperada o obriga a enfrontarse á verdade sobre si mesmo.