A 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ábrese o domingo 25 de xuño coa estrea de ‘Entrega en man’, unha nova adaptación ao galego dun texto do dramaturgo e director de cine angloirlandés Martin McDonagh. Unha comedia negra que Contraproducións alcuma de ‘denegrida’ porque aborda, entre outros temas, o racismo e a xenofobia. Conversamos con Cándido Pazó, adaptador e director, e con dous dos intérpretes, Evaristo Calvo e María Roja.
Cándido Pazó leva a Cangas unha comedia ‘denegrida’ de Martin McDonagh
Podcast: Play in new window | Download (13.5MB)
Subscribe: RSS