Omar Rabuñal retrata nunha peza documental o pasado e presente do Entroido coruñés, un carnaval urbano e popular con influencias moi diversas e espírito crítico e transgresor.
‘Antroido cascarilleiro. Dende Elviña a Monte Alto’ estréase o martes 31 de xaneiro na Filmoteca de Galicia. Conversamos co director e co historiador Xosé Alfeirán, unha das voces do filme.