O historiador Xosé Ramón Veiga recolle a intensa vida da coruñesa Juana de Vega na biografía Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Facer no século, publicada pola editorial Galaxia. Escritora de non ficción, conspiradora política, aia real ou promotora de asociacións de mulleres que socorrían os máis desamparados, é unha das personalidades máis sobresaíntes do noso século XIX.