[10:31:00] A música dos videoxogos

O Consello da Cultura Galega organizou unha xornada arredor da música dos videoxogos, un elemento dentro desta industria que gaña en peso, en producción e mesmo en ointes. Os videoxogos, a primeira industria cultural do mundo, son cada vez máis complexos e cunha maior carga nos departamentos de arte. Queremos por suposto que teña unha boa xogabilidade, que nos entreteña, pero tamén que sexa unha historia interesante, cun deseño bonito e unha banda sonora que nos enganche. A música gana protagonismo na experiencia de poñerse aos mandos ou ao teclado e comezar unha aventura. 

 

Que a ninguén lle sorprenda xa que no ámbito dos conservatorios se estude tamén esta música. Boa proba diso é Erea Carbajales, profesora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, violinista, musicóloga e especialista en música de videoxogos. Porque desde Galicia investígase, desenvólvense videoxogos e tamén se crean as súas bandas sonoras. É o caso de Inés Mirás, compositora e música multiinstrumentalista. Podémola escoitar como parte da Banda da Loba, pero ten esta outra faceta. 

 

 

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share