Podcast Diario Cultural 17:30

Paula Riveiro repasa no Diario Cultural as últimas novidades no mundo das artes e das letras. Radio Galega viaxará ata a biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela para asistir ao recital ‘Palabra de muller’ co motivo da conmemoración do Día das escritoras.

Tamén haberá espazo para falar sobre a nova película ‘Sea Beasts’ que se presenta hoxe no Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña. Trátase dun filme galego que fala sobre o maltrato escolar e sobre a infancia. Nesta historia o mar xoga un papel fundamental, xa que aporta calma pero tamén perigosidade. Unha película que abre portas e transmite angustia, mareo mental e intriga, segundo explica o actor Alejandro Carro.

Esta edición de Diario Cultural conta coa colaboración de Rosario Sarmiento que fala sobre dúas mostras de arte expostas estes días tanto en Vigo como en Lugo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share